Aberta a inscrición para a Carreira Popular de Gondomar 2019

Xa podedes anotarvos para a Carreira Popular de Gondomar que se celebrará o 27 de abril. A inscrición está aberta ata o 23 de abril. Que non falte ningúen!


4º Circuíto de Pista Concello de Vigo – Series Municipais 2019

Este ano as Series Municipais de Vigo comezan con retraso debido ás obras nas pistas de Balaídos. A primeira xornada será o 21 de abril. Todas as probas serán nas pistas de atletismo de Balaídos (Vigo). Aquí iremos poñendo a información de cada xornada:

1ª Xornada – 21 abril

(máis…)


O Vig-Bay sabe a mar (resumo 2019)

Este ano o Vig-Bay ten o sabor do mar que acompaña ós corredores sempre ó seu carón e semella querer prestarlles algo da súa forza para chegar á meta. Sobre todo ós que se atreveron a enfrontar os corenta e dous quilómetros desta primeira maratón, corenta e dous quilómetros que se din rápido pero se fan lentos, desde as dúas horas e media do gañador ás cinco e media do último crono. Un reto que superaron máis de mil participantes (3500 no medio maratón) ós que o noso club acompañóu como tantas veces, nesta ocasión colaborando coa AVA, Celta e Atletismo Baiona, porque o reto de organización e loxística tamén se multiplica coma a distancia.

O tempo non axudóu a celebrar como se debía o vixésimo aniversario dun evento que xa forma parte da vida dos 58000 atletas que tomaron a saída nalgunha das súas edicións. Agardamos que cheguen outras vinte e moitas máis e por suposto, seguir colaborando e participando nelas.

Parabéns para todos polo magnífico labor realizado e para os atletas que participaron na competición!

(máis…)


Resultados fin de semana 6-7 abril 2019

O sábado 6 de abril hai doble cita en pista, pola mañá Xogade en Vigo (para Sub14) e pola tarde en Pontevedra. O domingo o club colaborará no avituallamento da Vig-Bay que nesta ocasión será máis complexo por coincidir o Medio Maratón e a primeira edición do Maratón completo. Aí van os resultados:


1º Encontro C.A. Sada – S.G. Pontevedra 2019

O 6 de abril a Sociedade Gimnástica de Pontevedra organiza o 1º Encontro co Club Atletismo Sada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. A partir das 17:30h. Máis información:


Resultados semana 30-31 marzo 2019

O último fin de semana de marzo estivo cheo de eventos, o sábado cita triple (Xogade en Vigo pola mañá, probas en Viana pola tarde e nocturna de Nigrán pola noite). O domingo Trofeo Reconquista en Vigo e Cros de Beade, inda que a este último finalmente o club decidíu non asistir para dar descanso ós atletas. Resumo de resultados:

(máis…)


13º Memorial Eugenio Torres – Trofeo AVA 2019

O mércores 1 de maio celébrase en Vigo o 13º Memorial Eugenio Torres organizado pola Agrupación Viguesa de Atletismo (AVA). Máis información:

 


Regional Pista Desporto Escolar en Viana do Castelo 2019

O sábado 30 de marzo tamén hai probas deportivas en Viana do Castelo (Portugal). Serán no Estádio Municipal Manuela Machado a partir das 14:30h (hora portuguesa). Máis información:


32º Trofeo Reconquista Antonio Fernández en Vigo 2019

O domingo 31 de marzo celébrase en Vigo o Trofeo Reconquista de Atletismo en Pista, organizado pola Agrupación Viguesa de Atletismo. Máis información e resultados a continuación:


Resultados semana 23-24 marzo 2019

Este fin de semana houbo competición de pista en Braga e o Cros Párroco don Camilo en Vigo. Aí van os resultados: